Parque Nacional das Illas Atlanticas de Galicia

                                                    Actualidade:                  Español    Galician

Arquipélago de Cíes

 

 

Identificación:
Composto polas Illas de Monteagudo, Faro e San Martiño e os illotes da Agoreira ou Boeiro, Penela dos Viños, Carabelos e Ruzo. Sito na bocana da ría de Vigo.

Pertence ao concello de VIGO

Superficie: 3.091 Hectáreas: 433 ha terrestres y 2.658 ha mariñas.

Outras figuras de protección: Parque Natural dende 1980. Zona de Especial Protección para Aves (ZEPA) dende 1988. Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) “Illas Cíes” 2001.

Mapa Geográfico Cíes

Foto CiesSe voamos por riba do arquipélago das Cíes queda patente o relevo tan contrastado entre a cara oeste, orientada ao océano, onde os abruptos cantís se elevan máis de 150 metros , e a cara leste, que mira para a ría de Vigo e toca o mar coas areas das súas praias. Destaca pola súa importancia xeomorfolóxica e biolóxica o complexo formado pola barreira da praia de Rodas, que actúa de ponte natural entre as illas Monteagudo e Faro, e o Lago (antigamente “O Lago dos Nenos”), onde un fráxil prado subacuático de zostera (planta acuática con flor) serve todavía de refuxio de cría de peixes e outros animais acuáticos. Noutrora poboadas, as Cíes ofrecen unha boa mostra de patrimonio cultural: a época dos castros, as ruínas dos mosterios, os restos das fábricas de salgadura e da presenza dos carabineiros, ata os barrios das casas máis actuais.

A Illa de San Martiño, que mantén as ruínas da fábrica de salgadura e dun antigo muiño, esconde a súa acantilada costa tras unha espesa matogueira. O illote Boeiro, ao igual que a costa acantilada do arquipélago, é lugar de cria de aves mariñas.

Accesos

En barco privado: pódese facer a visita calquera día do ano. Para facelo é preciso ter o permiso de navegación e o permiso de fondeo expedido polo Parque. O permiso de navegación, requisito para obter o de fondeo, é anual e permite navegar nas augas do Parque Nacional durante o ano en curso. Os fondeos solicítanse por día, puidendo solicitar varios días á vez. Estes formularios e os requisitos para obtelos pódense localizar nesta páxina web e tramitalos a través desta web ou na propia oficina do Parque, e as solicitudes pódense remitir por correo electrónico, correo ordinario ou fax.

Islas CíesEn transporte público: existe un transporte público regular durante Semana Santa, fins de semana de maio e no verán (o que nos consideramos tempada de transporte regular). As empresas de transporte que realizan estes servizos adoitan ter base nos portos de Vigo, Cangas e Baiona. Cada tempada as empresas establecen as súas rutas e horarios polo que é necesario consultalos para achegarse ás illas nestas datas. O cupo de visitantes diario a Cíes nestas épocas é de aproximadamente 2000 persoas. Teléfonos de interese

Servizos de transporte para grupos organizados

Estas empresas deberán ter os permisos do parque necesarios para navegación e fondeo según precisen facer os servizos de transporte ás illas, mais deben ter en conta o momento no que se realizan pois:

  • Fora da tempada regular ou de transporte público, o cupo redúcese a 250 persoas diarias en Cies e Ons por razóns de conservación e pola calidade de visita que un PN debe ofrecer. O responsable do grupo nestes casos deberá presentar un proxecto didáctico que argumente a visita a realizar e deberán dispor de un guía autorizado ou que acredite coñecemento dos valores naturais e patrimoniais das illas, para acompañar o grupo na visita. Terán en conta que deben dispor de 1 guía por cada 25 participantes do grupo concertado.
  • Na tempada regular, a visita destes grupos debe estar autorizada polo parque pois dada a afluencia en transporte público contan cun cupo compartido de aproximadamente 200 plazas. No caso de ter autorización de transporte regular deberán incluirse no cupo da central de reservas, de 2000 prazas.

Servizos básicos nas illas Cíes

Islas CíesAsistencia sanitaria: Ata o momento, ningún dos arquipélagos conta con persoal sanitario de forma permanente. Nos meses de Xullo e Agosto e fins de semana de Setembro o arquipélago de Cíes dispón deste servizo, xa que coincide coa maior afluencia de visitantes. A caseta da Cruz Vermella en Cíes localízase a poucos metros da caseta de información, xunto á praia de Rodas e é atendida por varios socorristas e un médico ou ATS. Xeralmente o concello de Vigo destina tamén a estas illas un servizo de vixiancia de praias durante a tempada estival. Estes servizos asisten ás illas, co primeiro barco diario e marchan co último do día.

Islas CíesAuga potable: Un dos motivos que propiciaron os asentamentos humanos nas illas dende a antigüidade foi a existencia de mananciais propios. Non obstante, aínda que as necesidades neste caso se encontren cubertas, é importante ter en conta que a auga potable é un ben escaso, aínda máis nos períodos máis secos e que coinciden cos de maior afluencia de visitantes. Existen nas Cíes algunhas fontes públicas pero que adoitan no ter auga na tempada estival e se a teñen non se garante a súa potabilidade.E importante, pois, levar auga para visitalas illas e en abundancia xa que este é un territorio con vento e moito sal no aire que propicia a deshidratación baixo o sol.

Islas CíesAseos públicos: Os aseos públicos, accesibles para minusválidos, están situados no camiño que vai por riba do Cámping na illa do Faro.

Áreas de descanso: Aproveitando o abrigo natural que proporcionan as árbores, habilitáronse varias zonas de descanso xunto a algúns dos camiños máis frecuentados, dotadas de mesas ou bancos para poder facer un alto no camiño, comer ou simplemente sentarse a gozar da paisaxe e a tranquilidade. En Cíes existen un par de áreas, unha a carón do Lago e outra xunto á praia de Nosa Señora.

Servizos de atención ao visitante nas Cíes

Islas CíesCaseta de Información: No arquipélago de Cíes o punto de información está situado a 100 metros do peirao de Rodas, na illa de Monteagudo. Pódese solicitar aquí toda a información que se precise sobre o Parque Nacional, tanto en cuestión de servizos coma de posibles actividades a realizar nas illas, o seu principal obxectivo é ofrecer ao visitante toda a información que lle permita aproveitar ao máximo a súa visita nas Cíes. Este servizo está dispoñible sempre que haxa servizo regular de transporte marítimo.

Islas CíesCentro de Información: Está situado, a 1,2 km do peirao de Rodas, na illa do Faro. Inaugurado como Centro de Interpretación en 1997, sitúase no interior dun antigo almacén de artillaría do S.XIX, o cal foi levantado á súa vez sobre as ruínas do Mosteiro de Santo Estevo, datado no S. XI e centro da vida insular naquela época. No seu interior aínda se poden observar os restos da cimentación, algunhas pezas que formaron parte das cornixas do edificio e un sepulcro antropomorfo, pertencente a algún dos monxes que alí viviron.
Actualmente o Centro dispón de punto de información ao visitante, sala de interpretación-exposición sobre o parque cunha área para obradoiro infantil, e unha sala multiúsos para proxeccións, cursos, conferencias ou actividades con colectivos programadas polo persoal do parque ou solicitadas ao parque. Xeralmente, permanece aberto durante a Semana Santa e toda a tempada estival.

Islas CíesMiradoiros: Aínda que existen multitude de lugares nas illas dende os que poder admirar a súa paisaxe, tan só se consideran como tales algúns deles, que polo seu elevado interese paisaxístico, amplitude e localización son accesibles para a maior parte dos visitantes. En Cíes se recomendan: Faro de Cíes, Faro dá Porta e Faro de Monteagudo, Pedra dá Campá ou o Alto do Príncipe.

Observatorios: Casetas de madeira para a observación de aves mariñas cun deseño tal que permite achegarse ás zonas de cría sen perturbar nin escorrentar as colonias de aves. Existen dous nas illas Cíes, un situado a poucos metros do miradoiro da Pedra dá Campá e outro xunto ao Faro de Monteagudo, na illa do mesmo nome.

Islas CíesPaneis informativos e sinalización: O Parque Nacional presenta un panel informativo no arquipélago de Cíes situado frente a caseta de información. Conten un mapa específico do arquipélago, cos servizos, puntos de interese e itinerarios, ademais dun mapa xeral coa situación do Parque Nacional e algúns aspectos básicos da normativa do espazo natural. En canto á sinalización existen sinais de dirección dos principais itinerarios e puntos de interese complementadas coas distancias, o que facilitan o percorrido das illas; e cartelería específica para indicación de zonas de reserva, restrinxidas ou pechadas por motivos de xestión.

Servizos hostaleiros nas illas Cíes

Islas CíesCámping de Cíes: É un equipamento de carácter privado, autorizado a través dunha concesión. Atópase na illa do Faro, a 700 m da Caseta de Información. Ten capacidade limitada e cada visitante pode aloxarse un máximo de 15 días consecutivos, polo que é recomendable realizar a reserva de praza con antelación por teléfono, páxina web ou na oficina do cámping na estación marítima de Vigo. Deberáse presentar a tarxeta de campista nas navieiras para obter o billete con pernocta na illa. O cámping, xeralmente, está aberto sempre que haxa transporte marítimo de viaxeiros, aínda que é mellor confirmalo cos responsables.

Outros servizos: En Cíes hai varios establecementos de hostalaría que se encontran abertos no período no que opera o transporte público regular.Conta, ao día de hoxe, co servizo de restaurante e autoservicio no camping, o Bar Serafín e o Restaurante Rodas.

Actividades nas Illas Cíes

Sen dúbida, a mellor forma de coñecer o Parque Nacional é camiñando por algún dos sendeiros habilitados para o Uso Público. Só a través do contacto directo co espazo é posible apreciar na súa xusta medida os valores polos que este recuncho do océano Atlántico foi declarado Parque Nacional, o que á súa vez dará as claves para comprender as medidas de protección que afectan a éste así como a posibilidade, á medida de cada un, de participar na súa conservación.

Existen varias opcións á hora de realizar estes sendeiros, dependendo do tempo de que dispoña o visitante, o grao de coñecemento sobre o espazo protexido ou o tipo de visita. Para as persoas ás que lles resulte dificultosa a realización de calquera dos paseos, existe a posibilidade de polo menos obter información pormenorizada sobre calquera aspecto concreto do espazo, ben solicitando documentación nos puntos de información ou visitando a exposición no centro de información. Por outro lado, neste momento xa é posible realizar algúns destes sendeiros de forma virtual a través da páxina web, o que permite achegar o Parque Nacional ao maior número de persoas posible, independentemente da súa proximidade ao espazo ou as súas limitacións físicas.

Namentres a tempada estival o parque tenta dinamizar este Centro de Información polo que, coa axuda de grupos de voluntariado, prográmanse algunhas actividades infantís relacionadas coa concienciación ambiental. Para obter información sobre a oferta de actividades deberá consultar nos puntos de información e preguntar ao persoal de atención ao visitante.

Itinerarios guiados

Foto CiesO equipo de Uso Público do Parque Nacional, entre outras actividades, deseñou distintos itinerarios guiados que son ofertados ao público xeral durante todo o período no que operan as navieiras, normalmente Semana Santa, Xullo, Agosto e Setembro. O obxectivo principal é mostrar o visitante, dunha forma amena e significativa, os trazos máis sobresaíntes do percorrido, en función da temática elixida. Na actualidade véñense desenvolvendo rutas interpretativas con contidos xerais, cuxo obxectivo é o recoñecemento dos principais valores do Parque así como outras no que se mostran aspectos máis concretos do patrimonio natural e cultural. Son de carácter gratuíto, e para poder participar nelas é necesario anotarse con antelación nas casetas de información das illas, onde estarán expostas as diferentes rutas, os horarios e o número de participantes máximo para cada unha, requisitos necesarios para poder ofrecer unha actividade de calidade.

Este tipo de actividades tamén se realizan cos colectivos participantes nos programas de educación ambiental e divulgación, así como con aqueles que previamente o solicitasen nas oficinas do Parque Nacional e que adoitan levarse a cabo fóra da tempada estival, dato importante se se está interesado en organizar este tipo de visita ás illas. Link Solicitude

Itinerarios sinalizados

Islas CíesNa actualidade existen 4 sendeiros sinalizados, situados entre as illas do Faro e Monteagudo, xa que a illa de San Martiño aínda non dispón de equipamentos de Uso Público. Debido ás características físicas do terreo e á zonificación existente, todos os percorridos son de tipo lineal, aspecto a ter en conta para planificar a visita; non obstante, a duración media estimada do itinerario aparece detallada contando coa ida e a volta, dato que tamén figura nos folletos de Cíes, proporcionados polas navieiras xunto cos billetes de embarque. Todos comezan na caseta de información do Parque Nacional, onde podemos resolver dúbidas ou solicitar aspectos máis concretos sobre éstes. A continuación facemos unha breve descrición de cada un, xunto cos datos técnicos máis importantes así como as posibles variantes ou combinacións que permiten.

1.- Ruta do Monte Faro

Foto CiesDistancia: 7,4 km (ida e volta).

Duración do percorrido: 2 h 30 minutos (ida e volta).

Desnivel máximo: 175m.

Principais puntos de interese: Praia e dunas de Rodas, O Lago, Centro de Información, Pedra dá Campá, Observatorio de aves, Faro de Cíes.

Descrición do itinerario: O seguinte itinerario é o máis emblemático e frecuentado de todos os realizados no arquipélago, xa que finaliza no punto máis alto que é posible visitar de todo o Parque Nacional, ademais posúe unha das vistas máis espectaculares deste. Á súa vez, tamén é o percorrido máis longo, con maior desnivel e máis exposto aos factores meteorolóxicos, aspectos importantes a ter en conta antes de comezar a ruta.

Dende a caseta de información colleremos o camiño de rodeiras de cemento que comeza en dirección sur á esquerda desta, atoparemos o indicador de dirección do Faro. Nestes primeiros metros gozaremos da espectacular praia de Rodas, que co seu case quilómetro e medio de lonxitude une as illas de Monteagudo e Faro, mostrando a acción dinámica dos ventos e correntes mariñas na súa peculiar formación de praia-barreira. Pouco despois chegaremos O Lago coñecido antigamente coma “Lagoa dos nenos”, unha das zonas de maior interese e fraxilidade do Parque Nacional. Delimitándoo encontramos o dique, estrutura artificial construída a finais do S.XIX para facilitar a comunicación entre as dúas illas, necesaria trala instalación de varias fábricas de salgadura e un viveiro de mariscos no propio lago. O dique, xunto ao dique natural, fai fronte as batidas do océano Atlántico e regula a entrada das súas augas no Lago. A pouca profundidade, a tranquilidade e maior temperatura da auga fai do lago un lugar ideal para o refuxio e a cría de multitude de especies, que poderemos observar se a claridade da auga o permite. Sargos, muxos, salpas, douradas, robalizas ou maragotas son algunhas das especies máis habituais, ás que se suman polbos, congros ou centolas, se contamos cun pouco de paciencia e algo de sorte. Unha vez na illa do Faro, chegaremos ata a entrada do cámping, único lugar onde o visitante pode pasar a noite nas illas e que deixaremos a man esquerda, continuando o camiño. Pasaremos tamén polos baños públicos, que contan con aseos accesibles para minusválidos.

Islas CíesEn 6-7 minutos chegaremos á zona máis abrigada e humanizada da illa, onde se encontra o centro de información, a maior parte das instalacións e dependencias do persoal do parque e as poucas vivendas que quedan de propiedade particular, tan só ocupadas na tempada estival. Uns 300 m despois do Centro encontramos o cruzamento principal desta illa, onde colleremos a pista que ascende á nosa dereita e en cuxa primeira curva poderemos gozar das vistas da illa de San Martiño e a praia de Nosa Señora, unha das máis belas do arquipélago, aos nosos pés. A media subida, onde as árbores xa non poden crecer e dan paso a toxos e xaras, podemos facer unha breve paréntese e achegarnos ata a peculiar Pedra dá Campá, rocha perforada pola forza erosiva dos ventos atlánticos cargados de salitre e ata o observatorio de aves, dende onde poderemos observar os lugares de cría de gaivota patiamarilla e corvo mariño moñudo, dúas das especies de aves mariñas máis representativas do Parque Nacional. A altura e situación do lugar vainos permitir, ademais de gozar de magníficas vistas do lago e a praia de Rodas, observar a tremenda diferenza entre a vertente este das illas, de perfil moito máis suave e a cara oeste, marcada pola forza do océano e a caída do cantil. Recuperaremos o camiño principal que culebreando chegará ata o cume do monte onde se encontra o Faro. Dende alí, rodeados de gaivotas que xogan co vento e con 175 metros de vertixinosos acantilados aos nosos pés, consideraremos o arquipélago de Cíes no seu conxunto, que a xeito de dique xigante protexe a ría de Vigo do poderoso bater do océano Atlántico.

Islas Cíes

2.- Ruta do Faro da Porta

Foto CiesDistancia: 5,2 km (ida e volta).

Duración do percorrido: 1 h 45 minutos (ida e volta).

Desnivel máximo: 55m.

Principais puntos de interese: Praia e dunas de Rodas, O Lago, Centro de Información, Praia de Nosa Señora, Faro dá Porta.

Descrición do itinerario: Esta ruta parte do mesmo sitio que a anterior (á esquerda da caseta de información, pasando tras a praia de Rodas e o lago). Unha vez chegados á illa do faro, e pasado o cámping e o Centro de Información, chegamos ao cruzamento principal da illa do Faro e continuaremos de fronte pola pista de rodeiras, deixando a man esquerda a acolledora e protexida praia de Nosa Señora e o illote de Viños, lugar preferido polos corvos mariños moñudos para secar as súas plumas ao sol e do que obteremos unha bonita panorámica dende unha curva do camiño, a uns 100 m do cruzamento. A uns 45 minutos de ter comezado a camiñar chegaremos ata o embarcadoiro de Carracido, utilizado agora como peirao de servizo e que foi construído para facilitar o acceso aos faros. A partir de aquí o camiño ascende levemente bordeando a costa sur da illa ata finalizar no pequeno e automatizado Faro dá Porta, a 53 m sobre o nivel do mar e situado no extremo norte do chamado Freu dá Porta. Os 500 m desta estreita canle e as súas fortes correntes separan do resto do arquipélago á illa de San Martiño, a máis salvaxe das tres. Sentados nas rochas ao pé do faro, a Furna dá Porta móstranos o froito do traballo incansable do mar en forma de escuras e profundas covas, que supoñen o refuxio ideal para as crías do corvo mariño moñudo. Armerias, fiuncho mariño, angélicas...son algúns exemplos de plantas propias de acantilados que podemos encontrar nas inmediacións do faro. Gozaremos tamén dunha magnífica panorámica da illa Sur, destacando dende aquí a Punta e Furna da Galeira, impresionante acantilado coroado por unha cruz de pedra instalada en memoria dos 26 mariñeiros de Moaña que pereceron no naufraxio da Ave do Mar, alá polos anos 50.

Islas CíesPor último, se miramos cara á aba do Monte Faro, observaremos entre a vexetación os restos do chamado Castro dás Hortas, antigo poboado castrexo que constitúe o depósito arqueolóxico máis importante achado ata a data no arquipélago de Cíes.

Se se desexa, é posible combinar os dous itinerarios detallados ata agora a través dun sendeiro que os une e que se encontra sinalizado tanto nos mapas coma no terreo, permitindo facer un percorrido practicamente circular.

Islas Cíes

3.- Ruta do Alto do Príncipe

Foto CiesDistancia: 3 km (ida e volta).

Duración do percorrido: 1 h 15 minutos (ida e volta).

Desnivel máximo: 122m.

Principais puntos de interese: Complexo dunar Figueiras-Muxieiro, Praia de Figueiras, Cadeira da Raíña.

Descrición do itinerario: Unha vez na caseta de información elixiremos a pista, co indicador do Alto do Príncipe, que sae á dereita desta e que comeza ascendendo suavemente pola zona este da illa Norte ou de Monteagudo. O complexo dunar de Figueiras-Muxieiro, á nosa dereita, é o primeiro elemento de interese desta ruta. Trátase dun sistema dunar importante, tanto pola súa extensión coma polo seu estado de conservación, podendo observarse dende as primeiras frontes de dunas móbiles ata as máis estabilizadas e onde se encontra unha magnífica representación de especies animais e vexetais especificamente adaptadas a estes fráxiles ecosistemas. Algunhas delas son o tomelo mariño (Helichrysum italicum subsp. serotinum), a emblemática camariña (Correma album), propia das matogueiras de trasduna ou a escasa "herba de namorar" (Armeria pungens), que constitúe a localización máis setentrional desta especie, non sendo constatada a súa presenza ata a costa sur portuguesa. Este primeiro treito lévanos ata o camiño de acceso á praia de Figueiras, de tradición nudista, á que podemos asomarnos para gozar dunha espléndida panorámica da próxima Costa dá Vela. Volvendo á pista forestal, seguiremos ascendendo ata chegar ao cruzamento principal da illa de Monteagudo, a uns 20 min do noso punto de partida. A superficie colonizada por acacias e eucaliptos plantados nos anos 50 domina esta parte da illa, aínda que nalgunhas dos cavorcos xa se empeza a comprobar o resultado dos repoboacións levados a cabo durante os últimos anos con especies arbóreas autóctonas e outras propias de zonas de ribeira e de litoral atlántico, como ameneiros, loureiros, salgueiros ou carballos.

Islas CíesDende este mesmo lugar, mirando cara á ría e baixo unha fronte de eucaliptos e pinos poderemos observar un pequeno bosquete de cerquiños (Quercus pyrenaica), último reduto da vexetación arbórea autóctona de Cíes e obxecto dun programa de recuperación específica. A paisaxe empeza a cambiar a medida que ascendemos pola pista que sae á esquerda do cruzamento; as árbores empezan a perder terreo respecto á vexetación de matogueira, debido á falta de protección ante os fortes ventos atlánticos cargados de salitre ao cada vez máis escaso chan.

Culebreando en dirección sur, o camiño continúa ata que despois dunha pequena baixada se abre para descubrirnos parte da espectacular paisaxe do que gozaremos nuns minutos. Estes últimos 100 m de suba transcorren por unha senda entre as rochas modeladas polo vento e a auga ata chegar á Cadeira da Raíña, caprichosa formación rochosa resultado desa tremenda acción erosiva e que constitúe un dos máis fermosos miradoiros das illas. Ademais da visión do Faro de Cíes, impoñente sobre os 175 m de acantilado aos seus pés, a súa situación permite observar o contraste entre as dúas vertentes das illas moito máis abruptas na cara oeste, que dá a mar aberto, que na que mira cara á ría, de perfil moito máis suave. O areal de Rodas, a tranquilidade do mar na súa recollida baía, o lago ou a exuberante vexetación arbórea, en comparación coas case núas e escarpadas abas de poñente, dannos unha idea da protección natural que ofrecen as illas á Ría de Vigo.

Islas Cíes

4.- Ruta de Monteagudo

Foto CiesDistancia: 5,6 km (ida e volta).

Duración do percorrido: 1 h 45 minutos (ida e volta).

Desnivel máximo: 60m.

Principais puntos de interese: Complexo dunar Figueiras-Muxieiro, Praia de Figueiras, Observatorio de aves, Faro do Peito ou Monteagudo, Furna de Monteagudo.

Descrición do itinerario: A ruta, que coincide nesta primeira parte do percorrido coa do Alto do Príncipe, comeza na caseta de información, para o que escolleremos a pista que comeza á dereita desta, atoparemos o indicador de Faro do Peito. Ao chegar ao cruzamento principal da illa, seguiremos o sendeiro que continúa cara ao Norte, deixando a man esquerda nos seus primeiros metros outra das zonas de repoboación de carballos comúns e cerquiños. A uns 400 m do cruzamento anterior, os eucaliptos e acacias empezan a perder forza a medida que nos achegamos ao cavorco de Chancelos. O porte en bandeira que presentan as árbores do extremo do eucaliptal e os poucos piñeiros esparexidos polo pequeno outeiro é o resultado da acción dos fortes ventos oceánicos, que os foi modelando de forma asimétrica, "peiteando", adquirindo ese curioso aspecto que nos dá unha idea das duras condicións de vida que impón o medio.

Islas CíesTamén neste lugar se encontra o quemadeiro, unha pequena construción onde hai anos se incineraban todos os residuos que se xeraban nas illas, hoxe en día abandonada. Continuaremos pola pista, que pouco a pouco nos irá achegando cara ao pé do Alto de Monteagudo, cuxa característica forma dá nome a esta illa e ao que non é posible ascender, xa que se encontra na zona de reserva.

Na bifurcación colleremos o camiño da esquerda, que a través dunha pequena zona boscosa onde encontraremos as ruínas dun antigo asentamento insular nos levará ata o observatorio de aves. Dende este privilexiado lugar poderemos observar sen interferir aos centos de corvos mariños e gaivotas que se concentran nestas escarpadas abas na época de cría, enchéndoas dunha incesante e buliciosa actividade. Aínda que dende aquí vemos a poucos metros o faro, é preciso retroceder un pouco e descender por unha senda a man esquerda que nos leva ata el. A silueta da Costa dá Vela a tan só 2,5 km, converten a este punto no lugar do arquipélago máis próximo ao continente, onde dende 1904 o pequeno faro automatizado guía a entrada de barcos á Ría de Vigo. Ao Norte perfílanse as illas de Ons e Onza, protexendo a Ría de Pontevedra. Se seguimos a pista de pedra que parte dende o faro podemos achegarnos ata unha furna, pequena representación das grandes covas mariñas da vertente oeste e que son o resultado do bater das ondas e a peculiar estrutura do granito, que fai que se fracture de forma vertical. O regreso ata a bifurcación situada ao pé de Monteagudo farémolo pola senda que bordea o litoral e que en varios puntos nos permite gozar da vista, ao sur, de costa Cantareira, punta Muxieiro e mesmo da costa de Baiona. Unha vez alí só temos que desandar o camiño ata a Caseta de información, onde regresaremos tras menos de dúas horas de agradable paseo.

Islas Cíes

Recomendaciones para a visita y normativa do parque nacional

  • Nas illas non hai colectores de lixo. Organice a volta dos residuos ao porto de orixe: concienciar previamente, levar bolsas para a recollida, etc.
  • Concienciarse previamente sobre os efectos negativos do pisoteo das dunas e da recollida de plantas e de cunchas, fundamentais coma fonte de nutrientes (calcio) para a flora e fauna da praia e duna.
  • Informarse da normativa do Parque, facéndose partícipe na súa conservación.
  • Levar calzado deportivo e roupa cómoda; tampouco esquecer o impermeable ou algo de abrigo para a viaxe en barco e en previsión dos cambios de temperatura.
  • Levar auga e procurar beber abundantemente durante a visita; unha prolongada exposición ao sol, ás temperaturas estivais e ao vento poden producir problemas de deshidratación.
  • Non esquecer elementos como gafas de sol, gorras e crema de protección solar.
  • Circular só polos camiños destinados ao uso público (zonas de visita libre), tendo en conta a cartelería de sinalización.
  • E reconendable levar gafas de mergullo, cámara de fotos, de vídeo e prismáticos.
  • O silencio beneficia á fauna e ao que o disfruta: os ruídos (aparatos de música, gritos, etc.), diminúen a calidade ambiental e impiden o disfrute dos sons da natureza.
  • Atender ás instruccións establecidas pola dirección do Parque e seguir as indicacións dos gardas do PN. Colabore activamente na conservación deste espazo natural, alertando sobre posibles deficiencias ou suxerindo melloras; a comunicación é un instrumento básico de xestión.

Ademais hai que ter en conta que en Sálvora e Cortegada non hai baños públicos e en Cíes só en Semana Santa e no verán. Tamén é importante saber que non hai servizo médico, a excepción dos meses de verán en Cíes e Ons que contan cun posto da Cruz Vermella de atención diúrna.

Recorde que non está permitido

  • Prender calquera tipo de lume, fogueira ou similar.
  • Os verquidos de calquera tipo de residuos ao mar e o abandono en terra de lixo.
  • Acceder ás zonas sinalizadas coma non accesibles ao público.
  • A recolección, destrucción ou alteración de elementos de interese arqueolóxico, histórico ou xeolóxico, tanto terrestres como mariños.
  • Coller cunchas (son nutrientes dos solos areosos das praias e dunas).
  • Molestar, ferir, capturar ou matar aos animais silvestres.
  • Estropear, cortar ou arrincar a vexetación.
  • O desembarco de animais domésticos (salvo cans de cego).
  • O disfrute do medio ambiente é un dereito fundamental polo que é preciso manter unha actitude responsable e respetuosa, colaborando activamente na preservación deste espazo natural, patrimonio de todos/as.

(Extractado de la ley BOE, nº 157, de 2 de julio de 2002).

Lexislación

Se desexa ver toda a lexislación vixente clicke aquí

Contactos de interese

1.- Oficina do parque

  • Dirección: Edificio Cambón C/Oliva 3. 36202 (Vigo).
  • Teléfono: 886 218 090 - Fax: 886 218 094
  • E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Web: www.parquenacionalillasatlanticas.com

 

2.- Casa forestal Cíes

  • Teléfono: 986 687 502 - 638 477 740
  • E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Web: www.parquenacionalillasatlanticas.com

 

3.- Navieras con servizo ás illas Cíes
 
Navieras con servizo regular ás illas Cíes
 
MAR DE ONS
Teléfono: 986 225 272 - Fax: 986 226 969
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
NABIA (ILLA DE ONS)
Teléfono: 986 320 048 - Fax: 986 430 416
E-mail: Susi. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ; Comercial: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
CRUCEROS RÍAS BAIXAS
Teléfono: 986 731 343 - Fax: 986 731 343
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
RÍAS GALLEGAS
Teléfono: 986 433 706
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
BAHÍA-SUB
Teléfono: 607 911 523
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
TOURS RÍAS BAIXAS
Teléfono: 609 411 668 / 619 534 087
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ; Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
Navieras que fan transporte de grupos ás illas Cíes
 
MAR DE ONS
Teléfono: 986 225 272 - Fax: 986 226 969
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
NABIA (ILLA DE ONS)
Teléfono: 986 320 048 - Fax: 986 430 416
E-mail: Susi. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ; Comercial: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
CRUCEROS RÍAS BAIXAS
Teléfono: 986 731 343 - Fax: 986 731 343
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
RÍAS GALLEGAS
Teléfono: 986 433 706
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
TURIMARES-CRUCEROS DO ULLA
Tlf: 986 731818 // 608089458  -  Fax: 986 733543
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
TOURS RÍAS BAIXAS S.L
Tlf: 609411668 Reservas: 619534087
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.   ; Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
MERAK NAUTICA
Tlf: 986 283 803
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
CORTICATA
Tlf/fax: 986 565604
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
COMPROMISO CON LA NATURALEZA
Tlf: 661 550 392
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
ALVAMAR
Tlf: 653 516 969
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
MAR DE AGUIÑO
Tlf: 981 841 454
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
INTRAMAR INICIATIVAS TRADICIONALES MARÍTIMAS
Tlf: 690 843 488 / 690 843 487 / 986 742 072
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
RUTAS RÍAS BAIXAS
Tlf: 609359141 / 986520167
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
LUIS RIAL DOBARRO
Embarcación Reina de África
Tlf: 620 213 306
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
SAILWAY, S.L.
Tlf: 986 442 351 - Fax: 986 442 353
 

4.- Hostelería

 
Camping Islas Cíes
 
Oficina de información Estación Maritima da Ria en Vigo
Teléfono: 986 438 358 (de Junio Septiem)- 986 225 582 (Outubro a Maio) Fax: 986 227 557
Recepción Camping: 986 687 630
Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Web: www.campingislascies.com
Vostede está aquí: Home Arquipélago de Cíes

What is JoomShopping ?

Nulla dapibus neque sit amet libero ser suscipit hendrerit. Mauris posuere turpis eu dui lobortis non tincidunt.

Cum sociis natoque penatibus et magnis dis parturient montes.

More info ...

Up Coming Events